Monday 06 de May de 2024

Numerosos meniños asisten á actividade “Cooperativismo en movemento”


Multitude de meniños, pais e nais non se quixeron perder esta tarde na praza do Concello a actividade “Cooperativismo en momento”, unha das últimas propostas de esta edición do Xuño da Cultura e as Artes.

Os pequenos están tendo ocasión de coñecer un pouco máis sobre este fenómeno participando en diversos xogos populares, contemplando os paneis expositivos habilitados ao efecto ou asistindo aos contos e cancións ofrecidos por A Tropa do Trapo e Gloria de Mamá Cabra.

Ata alí se achegaron tamén o alcalde Manuel Ruiz e a secretaria xeral de Emprego da Xunta, Covadonga Toca.

A iniciativa está promovida pola Secretaría Xeral de Economía Social e o Consello Galego de Cooperativas, coa colaboración do Concello de Riveira.

O seu desembarco en Riveira pon fin a un itinerario que incluíu tamén Redondela, Vilalba, Verín, Monforte Xinzo de Limia.